miércoles, 3 de abril de 2024

Convocados os premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022 - 2023

PERSOAS BENEFICIARIAS:  

Alumnado que cursase estudos de formación profesional de grao superior no curso 2022/23 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematase en 2023 cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

IMPORTE DO PREMIO: 

Vinte e tres (23) premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 23.000 €, que non poderán exceder os 1.000 € por premio.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOGA 25/03/24).

FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:   

As solicitudes de participación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na aplicación informática <<PremiosEdu>>(https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 Máis información premendo na imaxe:

 

 CSIF | Premios extraordinarios de FP de CyL. Curso 2020-21. Modificación de  la Orden. BOCYL 20/09/2022.

No hay comentarios:

Publicar un comentario