Tipos de ensinanzas artísticas superiores:
- Ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática
- Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais
- Ensinanzas artísticas superiores de Deseño.
- Ensiananzas artísticas superiores de Música.
Requisitos comúns das persoas aspirantes:
- Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: título de bacharel, título de ensinanzas artísticas superiores, título de técnico superior ou título universitario. Tamén é posible o acceso tendo superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Malia o anterior, as persoas maiores de 18 anos (de 16 para estudos superiores de música) que non conten con ningún dos requisitos de titulación poderán solicitar igualmente o acceso se superan unha proba de coñecementos.
- Así mesmo é
preciso superar unha proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas
superiores. No artigo 2.5 da convocatoria (premer imaxe inferior) establécense exencións para a realización desta proba.
Datas, lugar e forma de presentación das solicitudes:
Prazo: dende o 26 de abril ata a data límite segundo modalidade (ver anexos da convocatoria)
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante as persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de DNI ou NIE deberán acceder ao formulario de inscición directamente nas secretarías dos centros.
As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula nos prazos indicados na convocatoria.
Máis Información sobre requisitos, prazos, documentación necesaria, datas de probas específicas, etc. premendo na imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario