- Primeiro prazo, para o alumnado que realizara a FCT nos períodos
outubro 2022 - marzo 2023 e nos períodos xaneiro - xuño, xaneiro -
marzo e abril - xuño de 2023: 31 días naturais contados a partir do 29 de agosto de 2023. O alumnado de FP Dual acollerase a este prazo.
- Segundo prazo, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2023: entre o 16 de outubro e o 16 de novembro de 2023
As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

