lunes, 20 de marzo de 2023

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para cursar estudos postobrigatorios no curso 2023 - 2024

 Destinatarios: 

Podes solicitar unha bolsa si cres que vas a realizar matricula no curso 2023-2024 nalgún dos siguientes niveis:

  • Bacharelato
  • Formación Profesional de grado medio y de grado superior
  • Formación Profesional de Grado Básico
  • Cursos de acceso e de preparación para ás pruebas de acceso a la Formación Profesional y cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grado medio y superior, impartidos en centros públicos y privados concertados
  • Enseñanzas artísticas: profesionales y superiores
  • Enseñanzas de idiomas en Escuelas Oficiales, incluida la modalidad a distancia
  • Enseñanzas deportivas
  • Estudios religiosos superiores
  • Estudos universitarios 

 Prazo e lugar de presentación da solicitude:

Os prazos para presentar a solicitude abranguerán dende o 27 de marzo ao 17 de maio de 2023. Tódolos alumnos e alumnas deben solicitar a bolsa neste prazo aínda que non saibas aínda que vas a estudar, e incluso aínda que non saibas con seguridade se vas a estudar ou non. Pon os estudos que consideres máis probables, e cara ao mes de setembre poderás cambialos.
 
A solicitude realizarase de xeito telemático no seguinte enlace (ata o 27 de marzo está inactiva):

Enlace para realizar a solicitude 

Prema no seguinte enlace para consultar información sobre como presentar a bolsa e outras cuestións:

Convocados os premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2021 - 2022

 PERSOAS BENEFICIARIAS: Alumnado que cursase estudos de formación profesional de grao superior no curso 2021/22 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematase en 2022 cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

IMPORTE DO PREMIO: Vinte e tres (23) premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 23.000 €, que non poderán exceder os 1.000 € por premio.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (20/03/23).

FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:  As solicitudes de participación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na aplicación informática <<PremiosEdu>>(https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 Máis información premendo na imaxe:

Concesión Premios Extraordinarios de FP 17-18 - STECyL-i 

lunes, 13 de marzo de 2023

Convocadas as probas para a obtención dos certificados CELGA 1, 2, 3 e 4, no ano 2023

PERSOAS DESTINATARIAS:

Maiores de 16 anos ou que os fagan no presente ano 2023

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO:

    As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude que se publica como anexo I da orde de convocatoria (acceso premendo  na imaxe), e aboar a taxa correspondente.O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (06/03/2023). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. 

    As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal aínda que opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación: 

a) Xustificante de pagamento da taxa

b) Copia do certificado de discapacidade expedido por unha Administración distinta da da Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

    Prema na imaxe para máis información:

 La Xunta convoca los cursos de gallego preparatorios de las pruebas Celga  2021 con más de 1000 plazas en línea y presenciales | GaliciaAberta -  Secretaría Xeral da Emigración

lunes, 27 de febrero de 2023

Resolución sobre a Proba de Avaliación de Bacharelato para o acceso á universidade

 Materias obxecto de exame na ABAU:

  O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión (incluída a cualificación media dun ciclo de grao superior de Formación Profesional) poderá examinarse na parte voluntaria dun máximo de catro materias, que elixirá entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de bacharelato de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse dunha das opcións lingüísticas (alemán, francés, inglés, italiano ou portugués) da Segunda Lingua Estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais. Teranse en conta as dúas materias aprobadas nas que se obtivese mellor nota.

   Será a comisión interuniversitaria de Galicia (CIUG) quen determine proximamente as datas concretas de solicitude de matrícula e de realización das probas.

    Máis información premendo na imaxe: