lunes, 13 de marzo de 2023

Convocadas as probas para a obtención dos certificados CELGA 1, 2, 3 e 4, no ano 2023

PERSOAS DESTINATARIAS:

Maiores de 16 anos ou que os fagan no presente ano 2023

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO:

    As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude que se publica como anexo I da orde de convocatoria (acceso premendo  na imaxe), e aboar a taxa correspondente.O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (06/03/2023). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. 

    As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal aínda que opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación: 

a) Xustificante de pagamento da taxa

b) Copia do certificado de discapacidade expedido por unha Administración distinta da da Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

    Prema na imaxe para máis información:

 La Xunta convoca los cursos de gallego preparatorios de las pruebas Celga  2021 con más de 1000 plazas en línea y presenciales | GaliciaAberta -  Secretaría Xeral da Emigración

No hay comentarios:

Publicar un comentario