viernes, 29 de octubre de 2021

Publicadas as datas de realización das probas para a obtención dos certificados CELGA

As persoas inscritas nas probas CELGA (convocadas en setembro) terán nas vindeiras semanas os exames correspondentes.

Prema na imaxe para acceder a información coas datas e lugares de realización dos exames:

Celga - O Portal da Lingua Galega

viernes, 17 de septiembre de 2021

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 2, 3 E 4

Destinatarios/as: persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria.

Datas de realización das probas: as probas terán lugar previsiblemente nos meses de novembro ou decembro do ano en curso. As datas concretas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística: http://www.lingua.gal   

Presentación de solicitudes e prazo: o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles desde a publicación da convocatoria no DOG (13/09/21)

Para inscribirse nas probas Celga será necesario cubrir o formulario de solicitude que se publica como anexo 1 da orde de convocatoria (premendo na imaxe) e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, aboar a taxa correspondente (información na convocatoria) e presentalo preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica indicada, empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos, incluído o sistema Chave 365, opcionalmente poderase presentar presencialmente nos rexistros da Xunta de Galicia. 

Máis información premendo na imaxe:

miércoles, 1 de septiembre de 2021

CONVOCATORIA DE CURSOS PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA E CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA PARA O CURSO 21 - 22 NAS ESCOLAS OFICIAIS DE GALICIA

Convócanse con carácter gratuíto diferentes cursos de lingua galega nas escolas oficiais de idiomas de Galica para os períodos: Outubro de 2021 - Xaneiro de 2022 e Febreiro - Maio de 2022.

Destinatarios:

Cursos CELGA: persoas maiores de 16 anos que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Cursos Linguaxe administrativa: empregados/as públicos/as da Administración autonómica, da administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Educación e o persoal sanitario. 

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2021 para os cursos do primeiro período e desde o 4 ao 14 de xaneiro de 2022, para os cursos do segundo período.

Como facer a solicitude: cubrindo o formulario de inscrición telemática no enderezo: www.eoidigital.com/preinslinguagalega

Máis información premendo a seguinte imaxe:

 Celga - O Portal da Lingua Galega

jueves, 5 de agosto de 2021

Convocatoria de axudas para alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2021 - 2022

1. Prazo e lugar de presentación da solicitude:


O prazo para presentar a solicitude abrangue ata o 30 de setembro de 2021, inclusive.

As solicitudes realizaranse de xeito telemático (enlace abaixo). Unha vez cumprimentada a solicitude, se o solicitante dispón de calquera dos sistemas de firma aceptados pola sede electrónica, poderase completar o proceso de presentación da solicitude acompañando a documentación que sea requirida pola aplicación en formato pdf.
No caso de que o solicitante non dispoña de sistema de firma aceptado pola sede electrónica, unha vez completada a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa súa firma e a dos demáis membros computables da unidade familiar no centro educativo no que realice os estudos no curso 2021 - 2022.


2. Destinatarios:

Alumnado que requira por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais, así como alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a TEA, a TDAH ou a altas capacidades intelectuais e que esté escolarizado en niveis académicos non universitarios no curso 2021 - 2022.
 

3. Requisitos:

  • Ter cumpridos dous anos de idade a 31 de decembro de 2020.
  • Estar escolarizado nun centro educativo na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes.
  • Acreditar a necesidade específica de apoio educativo mediante certificado de discapacidade, se é o caso, certificado do departamento de orientación do centro educativo, certificado médico nalgúns casos... Enlace aos requisitos específicos segundo a causa da necesidade. 
  • Requisitos de carácter económico para tódolos solicitantes (Consultar aquí)

4. Cuantía da axuda:

Compoñentes:

Axuda de ensinanza: ata 862 euros
Axuda ou subsidio de transporte interurbano: ata 617 euros
Axuda ou subsidio de comedor escolar: ata 574 euros
Axuda de residencia escolar: ata 1795 euros
Axuda para transporte de fin de semana: ata 442 euros
Axuda para transporte urbán: ata 308 euros
Axuda para material escolar: ata 204 euros
Axuda para reeducación pedagóxica: ata 913 euros
Axuda para reeducación da linguaxe: ata 913 euros
Axuda para programas específicos para alumnado con altas capacidades: ata 913 euros

Non se concederán as axudas cando os gastos estén cubertos por servizos ou fondos públicos ou por axudas concedidas aos centros para financiar o correspondente servizo.

Máis información sobre as cuantías no enlace anterior, sobre os requisitos de carácter económico.

Máis información neste enlace

Acceso ao extracto da convocatoria publicado no BOE premendo na imaxe:

 SOLICITUD BECAS MEC UNIVERSITARIAS Y NO UNIVERSITARIAS - AFNA ...
 

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para cursar estudos postobrigatorios no curso 2021 - 2022

 1. Prazo e lugar de presentación da solicitude:


Os prazos para presentar a solicitude abranguerán ata:
  • O 14 de Outubro de 2021, inclusive, para os estudantes universitarios.
  • O 30 de Setembro de 2021, inclusive, para os estudantes non universitarios. 
 
A solicitude realizarase de xeito telemático:
 

2. Destinatarios:

Alumnado matriculado nalgunha das seguintes ensinanzas:
  • Bacharelato.
  • Ciclos Formativos de Grao Básico.
  • Formación Profesional de Grao Medio e Superior en calquera das súas modalidades.
  • Ensinanzas Artísticas Profesionais e Superiores.
  • Ensinanzas Deportivas.
  • Estudos Relixiosos Superiores.
  • Ensinanzas de Idiomas realizadas en Escolas Oficiais de titularidade pública, incluída a modalidade a distancia.
  • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á FP e cursos de formación específica para o acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior impartidos en centros públicos e privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de FP.
  • Ensinanzas Universitarias (Graos, Máster e Complementos de Formación).
  • Cursos de preparación para o acceso á universidade de maiores de 25 anos impartidos por universidades públicas.

3. Requisitos:

  • Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para obter un título do mesmo ou superior nivel ao correspondente dos estudos para os que se solicita a beca.
  • Cumprir os requisitos económicos legalmente establecidos (consultar aquí).
  • Estar matriculado nalgunha das ensinanzas do sistema educativo español enumeradas anteriormente.
  • Ser español ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. No  caso de cidadáns da Unión Europea ou dos seus familiares deberán ter a condición de residentes permanentes ou que acrediten ser traballadores por conta propia ou allea. No caso de estranxeiros non comunitarios deberán ser menores de idade ou ter a residencia legal en España desde o 31 de decembro de 2020.
  • Cumprir determinados requisitos académicos (consultar aquí)

4. Cuantía da bolsa:

Os diferentes conceptos da cuantía da bolsa que se poderán percibir son os seguintes (hai que ter en conta que segundo as condicións particulares de cada solicitante poderase percibir a cuantía dalgúns conceptos e non doutros):
  • Cuantía fixa ligada á renda do solicitante: 1.700 euros.
  • Cuantía fixa ligada á residencia do solicitante durante o curso: 1.600 euros.
  • Beca básica para estudantes non universitarios: 300 euros.
  • Cuantía fixa ligada á excelencia no rendemento académico: entre 50 e 125 euros.
  • Cuantía variable: o importe mínimo son 60 euros e o máximo depende da resolución total do conxunto da bolsas. Para solicitantes que non superen determinados topes da renda familiar.
  • Beca de matrícula para estudantes universitarios: comprenderá o precio público oficial dos créditos nos que o estudante se matriculase por primeira vez no curso 2021 - 2022.

Máis información neste enlace

Acceso ao extracto da convocatoria publicado no BOE premendo na imaxe:

SOLICITUD BECAS MEC UNIVERSITARIAS Y NO UNIVERSITARIAS - AFNA ...

lunes, 5 de julio de 2021

Calendario de acceso e admisión para o curso 2021 - 2022 ás ensinanzas de Formación Profesional Básica

Prazo de presentación da solicitude de admisión: desde o día 1 de setembro ata as 13:00 horas do día 10 de setembro.

Será necesario presentar a seguinte documentación no centro educativo no que se pretenda ser admitido:
  • Solicitude de admisión
  • DNI en caso de non dar o consentimento para a comprobación de datos.
  • Comunicación de incorporación á FP básica do centro de procedencia do/a alumnno/a.
  • Consentimento de incorporación á FP básica asinado polo/a pai/nai do/a alumno/a en caso de menores de idade.
  • Consello orientador do centro educativo de procedencia do/a alumno/a.
  • Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade.
Enlace á documentación necesaria

Os centros educativos farán pública a listaxe do alumnado admitido e non admitido en cada ciclo formativo o día 15 de setembro.
 

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula no centro educativo desde o día 15 ao día 22 de setembro.

Prema na imaxe para acceder á oferta de ciclos de Formación Profesional Básica en Galicia:

Coñece a formación profesional básica | Xunta de Galicia

Preinscrición, admisión e matrícula nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia no curso 2021 - 2022

Prazo de preinscrición.

As preinscricións realizaranse desde o 1 ao 14 de setembro. Todas as preinscricións deberán formalizarse obrigatoriamente en liña a través do acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta/alumnos/index.php e de acordo coas instrucións que figuran no anexo II da resolución (acceso á mesma premendo na imaxe).

Período de matrícula ordinaria:

Do 1 ao 9 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, para o alumnado oficial do curso 2020/21 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2021/22 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

Período de matrícula extraordinaria:

Do 9 ao 30 de setembro, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo do alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 9 e o 16 de setembro.

Máis información sobre condicións e tipos de acceso, tipoloxía da oferta educativa, procedemento de inscrición e matriculación en liña, etc premendo na imaxe:

 ÿþE S C O L A S O F I C I A I S D E I D I O M A S _ e x t e r i o r