viernes, 4 de junio de 2021

Calendario escolar 2021 - 2022

 AS ACTIVIDADES LECTIVAS ABRANGUERÁN OS SEGUINTES PERÍODOS:

En Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Especial: do 9 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

En Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional: do 15 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

Nas ensinanzas de réxime especial: do 15 de setembro do 2021 ao 30 de xuño de 2022.

VACACIÓNS ESCOLARES:

Nadal: desde o 22 de decembro de 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.

Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.

Semana Santa: desde o 11 ao 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

Máis información premendo na imaxe:

jueves, 3 de junio de 2021

Axudas económicas para o alumnado que realiza a Formación Práctica en Centros de Traballo ou FP Dual

Destinatarios:
 
Alumnado de segundo curso dun ciclo de FP de grao básico, medio ou superior da FP inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas ou programas formativos así como calquera ciclo de FP dual que realice o módulo de FCT ou a FP dual ou ben nun centro de traballo dun concello diferente ao do centro educativo e do lugar de residencia do/a alumno/a ou ben noutra comunidade autónoma ou país e que remate a súa FCT ou FP Dual antes do 31 de decembro de 2021.
 
Período de presentación de solicitudes:
  • Primeiro prazo, para o alumnado que realizara a FCT nos períodos outubro 2020 - marzo 2021 e nos períodos xaneiro - xullo, xaneiro - marzo e abril - xuño de 2021: 31 días naturais contados a partir do 3 de xuño.
  • Segundo prazo, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2021: entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2021

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Máis información premedo na imaxe:

 
 Axudas económicas para a formación práctica en empresas

 

lunes, 31 de mayo de 2021

ACCESO AOS CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN DE FP. CURSO 2021 - 2022

A consellería publica os prazos do proceso de admisión para o curso 2021 - 2022 aos cursos de especialización de FP. Queda pendente de publicar a oferta dos mesmos así como os requisitos de acceso a cada un deles.

 

Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.

Deberase cubrir unha única solicitude (pendente de publicar) na que se poderá optar a dous cursos de especialización como máximo. O impreso cuberto acompañado da documentación complementaria que corresponda, entregarase, preferentemente, no centro de primeira opción onde se oferte o curso de especialización para o que solicita admisión ou en calquera centro de Galicia con oferta de cursos de especialización sostida con fondos públicos.

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os cursos de especialización tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e a FP dual.

As persoas admitidas (seleccionadas) para un curso de especialización quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas e en FP dual. No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún curso de especialización poderán continuar no proceso de admisión xeral a ciclos formativos.

ACCESO A FP DUAL CURSO 2021 - 2022.

A consellería publica os prazos do proceso de admisión para o curso 2021 - 2022 aos ciclos formativos de Formación Profesional de FP dual.


Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual, utilizando o asistente informático www.edu.xunta.es/ciclosadmision. (soamente activo durante o período de admisión) A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.

Tamén poderá cubrirse unha solicitude utilizando o formulario normalizado ED513A, que se entregará preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión ou en calquera outro que oferte FP dual.

As persoas admitidas nun proxecto de FP dual quedarán excluídas, e non serán adxudicadas, no proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario ou no réxime para as persoas adultas. No caso de non seren admitidas en ningún proxecto de FP dual poderán continuar no proceso de admisión a ciclos formativos.

Máis información premendo na imaxe:

 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA | BALIDEA