lunes, 9 de enero de 2023

Probas de acceso a FP de grao medio e superior. Convocatoria.

CICLOS DE GRAO MEDIO

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da mesma e non cumprir os requisitos académicos de acceso aos ciclos de grao medio.

ESTRUTURA DA PROBA

  • Sociolingüística: exames de Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
  • Matemática: exame de Matemáticas.
  • Científico-técnica: exames de Ciencias da natureza e Tecnoloxía.

DATAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 27 de febreiro ao 16 de marzo de 2023 (ambos inclusive)

DATA DE REALIZACIÓN DA PROBA: 25 de maio de 2023

CICLOS DE GRAO SUPERIOR

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba e non cumprir os requisitos de acceso aos ciclos de grao superior.

ESTRUTURA DA PROBA 

  • Parte común: abrangue tres probas: Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas.
  • Parte específica: organízase en tres opcións (cada unha das cales da acceso a diferentes ciclos de grao superior, polo que é importante decidir a que ciclos se quere acceder para realizar unha das opcións ou outra):
    • Opción A (a escoller dúas): Economía da empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.
    • Opción B (a escoller dúas): Debuxo técnico, Tecnoloxía industrial e Física.
    • Opción C (a escoller dúas): Ciencias da terra e ambientais, Química e Bioloxía.

DATAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023 (ambos inclusive)

DATA DE REALIZACIÓN DA PROBA: 30 de abril de 2023

 INFORMACIÓN XERAL:

Materiais das probas de acceso:

Na web www.edu.xunta.es/fp no apartado de probas podedes atopar materiais didácticos así como exames de convocatorias anteriores que vos poden axudar a preparación do exame.

Lugar de presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas». Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal)

As solicitudes poderanse tamén presentar impresas logo de cumplimentalas na devandita aplicación informática en calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con oferta de Formación Profesional.

Prema na imaxe para acceder á convocatoria, na que atoparás máis información como posibles exencións, probas adaptadas en caso de discapacidade, TDAH...: 
 
 
 

 

miércoles, 21 de diciembre de 2022

Universidade da Coruña

Premendo na seguinte imaxe, tedes información sobre graos da universidade da Coruña (tanto os novos coma os antigos ou os dobles graos) así como a súas posibilidades de acceso, admisión e matrícula. Tedes tamén un cuestionario para solicitar calquera tipo de información que precisedes sobre estes temas.

Universidade da Coruña - Cursos.com

Premendo na seguinte imaxe, tedes fichas e videoconferencias sobre cada grado.

Cómo armar tus clases por videoconferencia - EVirtualplus

lunes, 14 de noviembre de 2022

Salón de orientación universitaria

    O xoves 15 de decembro terá lugar o Salón de Orientación Universitaria UNITOUR en PALEXCO (A Coruña), no que diferentes universidades do país presentan a súa oferta académica.

    A asistencia poderá realizarse ben mediante cita previa para asistir pola mañá (9:30 a 14:00) ou ben libremente pola tarde (15:30 a 17:30).

    Máis información premendo na imaxe:

 

    

viernes, 28 de octubre de 2022

Publicadas as datas de realización das probas para a obtención dos certificados CELGA

As persoas inscritas nas probas CELGA (convocadas en setembro) terán nas vindeiras semanas os exames correspondentes.

Prema na imaxe para acceder a información coas datas e lugares de realización dos exames:

CELGA - Wikipedia, la enciclopedia libre