CICLOS DE GRAO MEDIO
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da mesma e non cumprir os requisitos académicos de acceso aos ciclos de grao medio.
ESTRUTURA DA PROBA
- Sociolingüística: exames de Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: exame de Matemáticas.
- Científico-técnica:
exames de Ciencias
da natureza e
Tecnoloxía.
DATAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 27 de febreiro ao 16 de marzo de 2023 (ambos inclusive)
DATA DE REALIZACIÓN DA PROBA: 25 de maio de 2023
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba e non cumprir os requisitos de acceso aos ciclos de grao superior.
ESTRUTURA DA PROBA
- Parte común: abrangue tres probas: Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas.
- Parte específica: organízase en tres opcións (cada unha das cales da acceso a diferentes ciclos de grao superior, polo que é importante decidir a que ciclos se quere acceder para realizar unha das opcións ou outra):
- Opción A (a escoller dúas): Economía da empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.
- Opción B (a escoller dúas): Debuxo técnico, Tecnoloxía industrial e Física.
- Opción C (a escoller dúas): Ciencias da terra e ambientais, Química e Bioloxía.
DATAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023 (ambos inclusive)
DATA DE REALIZACIÓN DA PROBA: 30 de abril de 2023
INFORMACIÓN XERAL:
Materiais das probas de acceso:
Na web www.edu.xunta.es/fp no apartado de probas podedes atopar materiais didácticos así como exames de convocatorias anteriores que vos poden axudar a preparación do exame.
Lugar de presentación de solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas». Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal)
As solicitudes poderanse tamén presentar impresas logo de cumplimentalas na devandita aplicación informática en calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con oferta de Formación Profesional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario