Nestes días de novas restricións, picos de incidencia cada vez máis altos da pandemia, incertidume... É fundamental coidar a nosa saúde mental e a dos nosos seres queridos. A continuación aporto un enlace a unha páxina do Ministerio de Sanidade na que se tratan temas referidos ás emocións tanto positivas como negativas con diferentes test de autoavaliación e consellos para afrontar mellor o noso día a día e acadar o ansiado benestar emocional.
Etiquetas
- ABAU 2021
- ABAU 2022
- ABAU 2023
- ABAU 2024
- Acreditación de competencias
- Bolsas e axudas ao estudo
- CIFP SOMESO
- Covid - 19
- Discapacidade auditiva e lingua de signos
- Emprendemento
- Estudos de FP
- Estudos universitarios
- Ofertas de emprego da familia profesional de Edificación e Obra Civil
- Ofertas de emprego da familia profesional de Fabricación Mecánica
- Ofertas de emprego da familia profesional de Imaxe Persoal
- Ofertas de emprego da familia profesional de Madeira
- Ofertas de emprego da familia profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos
- Outros estudos
- Outros temas
- PAU 2025
- PAU 2026
- Protocolos
- Sistema educativo
- Técnicas de estudo
- Test intereses vocacionais
martes, 28 de diciembre de 2021
miércoles, 10 de noviembre de 2021
Notas de corte curso 2021 - 2022
Publicadas as notas de corte definitivas do curso 2021 - 2022 das titulacións do Sistema Universitario de Galicia
Prema a imaxe para acceder á información:
viernes, 29 de octubre de 2021
Publicadas as datas de realización das probas para a obtención dos certificados CELGA
As persoas inscritas nas probas CELGA (convocadas en setembro) terán nas vindeiras semanas os exames correspondentes.
Prema na imaxe para acceder a información coas datas e lugares de realización dos exames:
viernes, 17 de septiembre de 2021
CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 2, 3 E 4
Destinatarios/as: persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria.
Datas de realización das probas: as probas terán lugar previsiblemente nos meses de novembro ou decembro do ano en curso. As datas concretas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística: http://www.lingua.gal
Presentación de solicitudes e prazo: o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles desde a publicación da convocatoria no DOG (13/09/21)
Para inscribirse nas probas Celga será necesario cubrir o formulario de solicitude que se publica como anexo 1 da orde de convocatoria (premendo na imaxe) e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, aboar a taxa correspondente (información na convocatoria) e presentalo preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica indicada, empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos, incluído o sistema Chave 365, opcionalmente poderase presentar presencialmente nos rexistros da Xunta de Galicia.
Máis información premendo na imaxe:
miércoles, 1 de septiembre de 2021
CONVOCATORIA DE CURSOS PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA E CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA PARA O CURSO 21 - 22 NAS ESCOLAS OFICIAIS DE GALICIA
Convócanse con carácter gratuíto diferentes cursos de lingua galega nas escolas oficiais de idiomas de Galica para os períodos: Outubro de 2021 - Xaneiro de 2022 e Febreiro - Maio de 2022.
Destinatarios:
Cursos CELGA: persoas maiores de 16 anos que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Cursos Linguaxe administrativa: empregados/as públicos/as da Administración autonómica, da administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Educación e o persoal sanitario.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2021 para os cursos do primeiro período e desde o 4 ao 14 de xaneiro de 2022, para os cursos do segundo período.
Como facer a solicitude: cubrindo o formulario de inscrición telemática no enderezo: www.eoidigital.com/preinslinguagalega
Máis información premendo a seguinte imaxe:
jueves, 5 de agosto de 2021
Convocatoria de axudas para alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2021 - 2022
1. Prazo e lugar de presentación da solicitude:
- Ter cumpridos dous anos de idade a 31 de decembro de 2020.
- Estar escolarizado nun centro educativo na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes.
- Acreditar a necesidade específica de apoio educativo mediante certificado de discapacidade, se é o caso, certificado do departamento de orientación do centro educativo, certificado médico nalgúns casos... Enlace aos requisitos específicos segundo a causa da necesidade.
- Requisitos de carácter económico para tódolos solicitantes (Consultar aquí)
4. Cuantía da axuda:
Máis información neste enlace
Acceso ao extracto da convocatoria publicado no BOE premendo na imaxe:
Convocatoria de bolsas de carácter xeral para cursar estudos postobrigatorios no curso 2021 - 2022
1. Prazo e lugar de presentación da solicitude:
Os prazos para presentar a solicitude abranguerán ata:
- O 14 de Outubro de 2021, inclusive, para os estudantes universitarios.
- O 30 de Setembro de 2021, inclusive, para os estudantes non universitarios.
- Bacharelato.
- Ciclos Formativos de Grao Básico.
- Formación Profesional de Grao Medio e Superior en calquera das súas modalidades.
- Ensinanzas Artísticas Profesionais e Superiores.
- Ensinanzas Deportivas.
- Estudos Relixiosos Superiores.
- Ensinanzas de Idiomas realizadas en Escolas Oficiais de titularidade pública, incluída a modalidade a distancia.
- Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á FP e cursos de formación específica para o acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior impartidos en centros públicos e privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de FP.
- Ensinanzas Universitarias (Graos, Máster e Complementos de Formación).
- Cursos de preparación para o acceso á universidade de maiores de 25 anos impartidos por universidades públicas.
3. Requisitos:
- Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para obter un título do mesmo ou superior nivel ao correspondente dos estudos para os que se solicita a beca.
- Cumprir os requisitos económicos legalmente establecidos (consultar aquí).
- Estar matriculado nalgunha das ensinanzas do sistema educativo español enumeradas anteriormente.
- Ser español ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. No caso de cidadáns da Unión Europea ou dos seus familiares deberán ter a condición de residentes permanentes ou que acrediten ser traballadores por conta propia ou allea. No caso de estranxeiros non comunitarios deberán ser menores de idade ou ter a residencia legal en España desde o 31 de decembro de 2020.
- Cumprir determinados requisitos académicos (consultar aquí)
- Cuantía fixa ligada á renda do solicitante: 1.700 euros.
- Cuantía fixa ligada á residencia do solicitante durante o curso: 1.600 euros.
- Beca básica para estudantes non universitarios: 300 euros.
- Cuantía fixa ligada á excelencia no rendemento académico: entre 50 e 125 euros.
- Cuantía variable: o importe mínimo son 60 euros e o máximo depende da resolución total do conxunto da bolsas. Para solicitantes que non superen determinados topes da renda familiar.
- Beca de matrícula para estudantes universitarios: comprenderá o precio público oficial dos créditos nos que o estudante se matriculase por primeira vez no curso 2021 - 2022.
