jueves, 24 de abril de 2025

Acceso e admisión de alumnado ás ensinanzas superiores de deseño para o curso 2025- 2026

 Tipos de ensinanzas artísticas superiores:

  1.     Ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática
  2.     Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais
  3.     Ensinanzas artísticas superiores de Deseño.
  4.     Ensiananzas artísticas superiores de Música.

Requisitos comúns das persoas aspirantes:

  1. Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: título de bacharel, título de ensinanzas artísticas superiores, título de técnico superior ou título universitario. Tamén é posible o acceso tendo superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Malia o anterior, as persoas maiores de 18 anos (de 16 para estudos superiores de música) que non conten con ningún dos requisitos de titulación poderán solicitar igualmente o acceso se superan unha proba de coñecementos. 
  2. Así mesmo é preciso superar unha proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores. Na convocatoria (premer imaxe inferior) establécense exencións para a realización desta proba.

Datas, lugar e forma de presentación das solicitudes: 

Prazo: ata o 16 de xuño, no caso dos estudos de Arte Dramática, ata o 6 de xuño no caso dos estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais  e de Deseño e ata o 23 de maio no caso dos estudos de Música.

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante as persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de DNI ou NIE deberán acceder ao formulario de inscición directamente nas secretarías dos centros.

As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula nos prazos indicados na convocatoria.

Máis Información sobre requisitos, prazos, documentación necesaria, datas de probas específicas, etc. premendo na imaxe:

Enseñanzas artísticas superiores de Arte Dramático, Música, Diseño, y  Conservación y Restauración de Bienes Culturales. Pruebas de acceso.  Convocatoria - Feccoocyl


No hay comentarios:

Publicar un comentario