martes, 11 de febrero de 2025

Convocadas as probas libres para a obtención do título de ESO

DESTINATARIOS:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos ou cumprilos no ano 2025. 

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin de outro título considerado equivalente. 

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2024/25 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2024/25 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente solicita baixa nas devanditas ensinanzas nos termos establecidos na convocatoria (acceso á mesma premendo  na imaxe máis abaixo).


PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:

 –Convocatoria de abril: 10 ao 21 de febreiro de 2025, ambos os dous incluídos.

 –Convocatoria de xuño: 31 de marzo ao 10 de abril de 2025, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación. 

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no artículo 8 da convocatoria (acceso premendo na imaxe) ou por calquera dos medios legais establecidos, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/

 

DATAS DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 11 de abril e 6 de xuño de 2025 para as respectivas convocatorias. 

 

PARTES DA PROBA:

Proba do ámbito científico-tecnolóxico: contidos básicos das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía e Dixitalización,

Proba do ámbito social: contidos básicos das materias de Xeografía e Historia e Educación en Valores Cívicos e Éticos

Proba do ámbito da comunicación: contidos básicos das materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés).

 

Máis información (documentación a presentar, horarios das probas, etc) premendo na imaxe

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario