viernes, 5 de mayo de 2023

Acceso e admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2023- 2024

Requisitos das persoas aspirantes: 

Para as Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio:

  1. Estar en posesión do título de ESO ou equivalente. (Esta titulación poderase suplir coa acreditación da superación de varias probas de acceso ou substitutivas de requisitos de titulación. Ver convocatoria, enlace máis abaixo)
  2. Malia o anterior as persoas que non conten con ningún dos requisitos anteriores poderán presentarse a unha proba substitutiva se teñen máis de 17 anos no ano de realización da proba.
  3. Superar unha proba específica

Para as Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior: 

  1. Estar en posesión do título de Bacharelato ou equivalente ou ben dun título de técnico de FP ou de Artes Plásticas e Deseño. (Esta titulación poderase suplir coa acreditación da superación de varias probas de acceso ou substitutivas de requisitos de titulación. Ver convocatoria, enlace máis abaixo)
  2. Malia o anterior as persoas que non conten con ningún dos requisitos anteriores poderán presentarse a unha proba substitutiva se teñen máis de 19 anos no ano de realización da proba.
  3. Superar unha proba específica

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes: ata o 12 de xuño as persoas que teñan que presentarse ás proba sustitutiva da titulación requirida  (título de ESO para os ciclos de grao medio e título de Bacharelato para os ciclos de grao superior) e á proba específica. 

As persoas que teñan a titulación necesaria e so teñan que presentarse á proba específica ata o 22 de xuño.

As solicitudes faranse na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar, ou ben telematicamente mediante a ligazón habilitada á aplicación CodexPro na páxina web da escola.

Máis información (documentación requirida, requisitos, probas de acceso, etc) premendo na imaxe:

 Queres estudar ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño? |  I.E.S. SATURNINO MONTOJO

No hay comentarios:

Publicar un comentario