viernes, 22 de abril de 2022

Acceso ás ensinanzas superiores de música para o curso 2022 - 2023

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes: ata o 23 de maio.

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro.

Información sobre requisitos, documentación necesaria, datas das probas de acceso e outros aspectos, premendo na imaxe:

Manuel Tomás - La emancipación de las enseñanzas superiores de música

No hay comentarios:

Publicar un comentario