lunes, 2 de noviembre de 2020

SEXTO CAMPIONATO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL GALICIASKILLS 2020

GaliciaSkills 2020. 6º Campionato Galego de Formación Profesional | Xunta  de Galicia 

Que é?

    É un campionato galego de Formación Profesional que se celebra cada dous anos e que consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional (que se corresponden con un ou máis ciclos de formación profesional), nos que os participantes amosarán a súa competencia fronte a outros alumnos e alumnas de distintos centros de Galicia na realización de diferentes probas.
    O alumnado gañador de cada competición participará no campionato nacional Spainkills, os/as gañadores/as do cal participarán no campionato internacional Worldskills e no europeo Euroskills


Quen pode participar?

    Alumnado matriculado en ciclos formativos da nosa Comunidade Autónoma e que no ano da competición autonómica teña unha idade igual ou menor de 21 anos, excepto o skill de Mecatrónica, no que a idade terá que ser igual ou inferior a 24 anos.

Como inscribirse?

    Os centros educativos poden inscribir a un alumno ou alumna por competición (excepto no caso dos skills de Xardinaría e Mecatrónica que son dous alumnos ou alumnas por competición) e a solicitude debe remitirse antes do 15 de novembro de 2020 ao correo electrónico: galiciaskills@edu.xunta.gal


PREMA PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ENLACES:

Normas de competición

Skills e ciclos asociados 

Requisitos e prazo

Solicitude de inscrición 

Xurados, premios e recoñecementos

No hay comentarios:

Publicar un comentario