
Etiquetas
- ABAU 2021
- ABAU 2022
- ABAU 2023
- ABAU 2024
- ABAU 2025
- Acreditación de competencias
- Bolsas e axudas ao estudo
- CIFP SOMESO
- Covid - 19
- Discapacidade auditiva e lingua de signos
- Emprendemento
- Estudos de FP
- Estudos universitarios
- Ofertas de emprego da familia profesional de Edificación e Obra Civil
- Ofertas de emprego da familia profesional de Fabricación Mecánica
- Ofertas de emprego da familia profesional de Imaxe Persoal
- Ofertas de emprego da familia profesional de Madeira
- Ofertas de emprego da familia profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos
- Outros estudos
- Outros temas
- Protocolos
- Sistema educativo
- Técnicas de estudo
- Test intereses vocacionais
sábado, 27 de junio de 2020
jueves, 25 de junio de 2020
Oferta de ciclos de FP para o curso 2020 - 2021
martes, 23 de junio de 2020
Instrucións xerais do proceso de admisión para fp dual
Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2020-2021
Prazo de presentación de solicitudes: do 25 de xuño ao 8 de xullo de 2020.
Prema na imaxe para obter información sobre modalidades de acceso, requisitos, documentación, datas das probas e outros aspectos importantes do desenvolvemento do acceso a estas ensinanzas.
viernes, 19 de junio de 2020
Publicados os prazos do proceso de admisión a ciclos formativos de formación profesional 2020-2021
Inicio da fase de asesoramento do procedemento de acreditación de competencias profesionais
Próxima publicación coas datas de convocatoria á primeira reunión grupal; esta reunión é obrigatoria e será necesario entregar o xustificante de pago das taxas da fase de asesoramento ao inicio da mesma.
Acceda ao enlace coas novidades premendo na imaxe:
Prema aquí para obter información sobre como pagar as taxas da fase de asesoramento
Acceso e admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020-2021
Publicada resolución no DOGA de hoxe na que se establecen datas de solicitudes de admisión, lugares de realización das probas de acceso e outras cuestións importantes:
Acceso á resolución premendo na imaxe:
miércoles, 17 de junio de 2020
Listaxe provisional de cualificacións nas probas de acceso a ciclos de grao medio. Convocatoria 2020
Prema na imaxe para acceder á listaxe provisional de cualificacións:

Período de reclamación: do 17 ao 19 de xuño, ambos incluídos, no centro no que se presentou a solicitude de inscrición.
Modelo de reclamación

Período de reclamación: do 17 ao 19 de xuño, ambos incluídos, no centro no que se presentou a solicitude de inscrición.
Modelo de reclamación
Listaxe provisional de cualificacións nas probas de acceso a ciclos de grao superior. Convocatoria 2020
Prema na imaxe para acceder á listaxe provisional de cualificacións:

Período de reclamación: do 17 ao 19 de xuño, ambos incluídos, no centro no que se presentou a solicitude de inscrición.
Modelo de reclamación
Acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2020-2021
Condicións das persoas aspirantes:
- Título de bacharelato ou equivalente ou ben ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou ter un título de grao ou licenciatura ou diplomatura que quedara asimilada ao correspondente título de grao.
- Superación dunha proba específica de acceso a estas ensinanzas (que unicamente faculta ao/á aspirante a participar no proceso de admisión este curso académico 20-21)
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, as habilidades e as aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba.
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño. Os/as aspirantes que opten polo acceso directo deberán formalizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión segundo o procedemento e calendario esta-blecido nesta resolución
Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes:
- Prazo: do 18 ao 29 de xuño (ambos incluídos)
- As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño.
- Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro.
Lugar, datas e desenvolvemento das probas de aceso:
- A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 6 de xullo no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela
- As probas específicas de acceso darán comenzo o día 13 de xullo nas escolas de arte e superiores de deseño.
Acceso e admisión en ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2020-2021
Condicións das persoas aspirantes:
- Título de bacharelato ou equivalente ou ben ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou ter un título de grao ou licenciatura ou diplomatura que quedara asimilada ao correspondente título de grao.
- Superación dunha proba específica de acceso a estas ensinanzas (que unicamente faculta ao/á aspirante a participar no proceso de admisión este curso académico 20-21)
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, as habilidades e as aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba.
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño. Os/as aspirantes que opten polo acceso directo deberán formalizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión segundo o procedemento e calendario esta-blecido nesta resolución
Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes:
- Prazo: do 18 ao 29 de xuño (ambos incluídos)
- As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
- Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro.
Lugar, datas e desenvolvemento das probas de aceso:
- A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 6 de xullo no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela
- As probas específicas de acceso darán comenzo o día 13 de xullo na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)