miércoles, 23 de abril de 2025

Acceso e admisión ás ensinanzas artísticas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2025 - 2026

Requisitos das persoas aspirantes: 

Para as Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio:

  1. Estar en posesión do título de ESO ou equivalente. (Esta titulación poderase suplir coa acreditación da superación de varias probas de acceso ou substitutivas de requisitos de titulación. Ver convocatoria artigo 2, enlace máis abaixo)
  2. Malia o anterior as persoas que non conten con ningún dos requisitos anteriores poderán presentarse a unha proba substitutiva se teñen máis de 17 anos no ano de realización da proba.
  3. Superar unha proba específica

Para as Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior: 

  1. Estar en posesión do título de Bacharelato ou equivalente ou ben dun título de técnico de FP ou de Artes Plásticas e Deseño. (Esta titulación poderase suplir coa acreditación da superación de varias probas de acceso ou substitutivas de requisitos de titulación. Ver convocatoria artigo 3, enlace máis abaixo)
  2. Malia o anterior as persoas que non conten con ningún dos requisitos anteriores poderán presentarse a unha proba substitutiva se teñen máis de 19 anos no ano de realización da proba.
  3. Superar unha proba específica (agás os aspirantes con título de técnico de Artes Plásticas e deseño)

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes: ata o 13 de xuño as persoas que teñan que presentarse á proba sustitutiva da titulación requirida  (título de ESO para os ciclos de grao medio e título de Bacharelato para os ciclos de grao superior) e á proba específica. 

As persoas que teñan a titulación necesaria e so teñan que presentarse á proba específica ou presenten titulación sustitutiva da proba específica ata o 26 de xuño.

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante as persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de DNI ou NIE deberán acceder ao formulario de inscición directamente nas secretarías dos centros.

Máis información (documentación requirida, requisitos, probas de acceso, etc) premendo na imaxe:

 Queres estudar ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño? |  I.E.S. SATURNINO MONTOJO

martes, 8 de abril de 2025

Probas libres para a obtención de títulos de Formación Profesional

Estas probas consisten na realización de exames dos diferentes módulos que compoñen un ciclo formativos, de xeito que as persoas aspirantes poden presentarse a un ou a varios deles para rematar ou iniciar un ciclo de FP

Prazo de presentación de solicitudes de matrícula: do 11 ao 30 de abril de 2025

Lugar de presentación das solicitudes: secretaría dun centro público con oferta de probas libres de FP, coa solicitude xerada co asistente informático ciclosadmision

As probas realizaranse no mes de xuño, a continuación o calendario de admisión completo das probas:
 
 

Máis información (requisitos das persoas aspirantes, axuda para a elaboración da solicitude...) premendo na imaxe: