Etiquetas
- ABAU 2021
- ABAU 2022
- ABAU 2023
- ABAU 2024
- Acreditación de competencias
- Bolsas e axudas ao estudo
- CIFP SOMESO
- Covid - 19
- Discapacidade auditiva e lingua de signos
- Emprendemento
- Estudos de FP
- Estudos universitarios
- Ofertas de emprego da familia profesional de Edificación e Obra Civil
- Ofertas de emprego da familia profesional de Fabricación Mecánica
- Ofertas de emprego da familia profesional de Imaxe Persoal
- Ofertas de emprego da familia profesional de Madeira
- Ofertas de emprego da familia profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos
- Outros estudos
- Outros temas
- PAU 2025
- PAU 2026
- Protocolos
- Sistema educativo
- Técnicas de estudo
- Test intereses vocacionais
jueves, 25 de abril de 2024
miércoles, 24 de abril de 2024
Acceso e admisión ás ensinanzas artísticas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2024 - 2025
Requisitos das persoas aspirantes:
Para as Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio:
- Estar
en posesión do título de ESO ou equivalente. (Esta titulación poderase
suplir coa acreditación da superación de varias probas de acceso ou
substitutivas de requisitos de titulación. Ver convocatoria artigo 2, enlace máis
abaixo)
- Malia
o anterior as persoas que non conten con ningún dos requisitos
anteriores poderán presentarse a unha proba substitutiva se teñen máis
de 17 anos no ano de realización da proba.
- Superar unha proba específica
Para as Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior:
- Estar
en posesión do título de Bacharelato ou equivalente ou ben dun título
de técnico de FP ou de Artes Plásticas e Deseño. (Esta titulación
poderase
suplir coa acreditación da superación de varias probas de acceso ou
substitutivas de requisitos de titulación. Ver convocatoria artigo 3, enlace máis
abaixo)
- Malia
o anterior as persoas que non conten con ningún dos requisitos
anteriores poderán presentarse a unha proba substitutiva se teñen máis
de 19 anos no ano de realización da proba.
- Superar unha proba específica
Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes: ata o 10 de xuño as persoas que teñan que presentarse á proba sustitutiva da titulación requirida (título de ESO para os ciclos de grao medio e título de Bacharelato para os ciclos de grao superior) e á proba específica.
As persoas que teñan a titulación necesaria e so teñan que presentarse á proba específica ou presenten titulación sustitutiva da proba específica ata o 21 de xuño.
As solicitudes faranse na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar, ou ben telematicamente mediante a ligazón habilitada á aplicación CodexPro na páxina web da escola.
Máis información (documentación requirida, requisitos, probas de acceso, etc) premendo na imaxe:
Calendario escolar curso 2024 - 2025 en Galicia
AS ACTIVIDADES LECTIVAS ABRANGUERÁN OS SEGUINTES PERÍODOS:
En Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Especial, Educación secundaria obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanzas de réxime especial: do 11 de setembro de 2024 ao 20 de xuño de 2025, ambos inclusive.
VACACIÓNS ESCOLARES:
Nadal: desde o 23 de decembro de 2024 ata o 7 de xaneiro de 2025, ambos inclusive.
Entroido: os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.
Semana Santa: desde o 14 de ao 21 de abril de 2024, ambos inclusive.
Máis información premendo na imaxe: