lunes, 25 de abril de 2022

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2022- 2023

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes: ata o 23 de xuño

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante tamén se poderá realizar directamente na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia de solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría do devandito centro. 

Información sobre requisitos, documentación a presentar, datas das probas específicas, etc. premendo na imaxe:

 ESAD Galicia - Escola Superior de Arte Dramática

 

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2022 - 2023

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes:ata o 23 de xuño.

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante tamén se poderá realizar directamente na secretaría da escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría do devandito centro. 

Información sobre requisitos, documentación necesaria, datas de probas específicas, etc. premendo na imaxe:

 Escuela de Conservación y Restauración de Bienes Culturales de Galicia | en  Pontevedra

 

Acceso e admisión de alumnado ás ensinanzas superiores de deseño para o curso 2022- 2023

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes: ata o 23 de xuño

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante tamén se poderá realizar directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría dos devanditos centros. 

Información sobre requisitos, documentación necesaria, datas de probas específicas, etc. premendo na imaxe: