viernes, 29 de enero de 2021

A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA NA LOMLOE

    O 30 de decembro do ano pasado foi publicada no B.O.E. a Ley Orgánica 3/2020, máis coñecida como LOMLOE. Esta lei realmente é unha modificación doutra lei (a LOE do 2006) que xa fora modificada por outra (a LOMCE do 2013), así que para enterarnos ben de como van a quedar as cousas temos que ler tres leis á vez e averiguar así que artigos quedan derogados, modificados, ampliados... Igual un texto refundido axudaría... 

    Nestra entrada gustaríame centrarme nos cambios máis salientables que acontecerán coa LOMLOE na Formación Profesional Básica que pasará a ser chamada agora: Ciclos Formativos de Grado Básico:

     As condicións de acceso serán as mesmas que coa FPB pero elimínase a obriga de non superar os 17 anos de idade no momento do acceso, de feito no parágrafo segundo do artigo 1.36.6 establécese o seguinte: "Las Administraciones Educativas podrán autorizar excepcionalmente ciclos formativos de grado básico específicos para quienes hayan cumplido al menos 17 años cuando concurran circunstancias de historia escolar que lo aconsejen". 

     A novidade máis importante aparece no artigo 1.22.4 da norma "La superación de la totalidad de los ámbitos incluidos en un ciclo de grado básico conducirá a la obtención del título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria"..."El alumado al que se refiere este apartado recibirá asimismo el título de Técnico Básico en la especialidad correspondiente". Isto elimina a incerteza, se un/ha alumno/a remata o ciclo titula na ESO e no ciclo. Segundo a disposición adicional V da LOMLOE, esta novidade entraría en vigor no vindeiro curso 2021/2022.

    Así mesmo, o artigo 1.22.5 establece o seguinte: "Los referentes de la evaluación, en el caso de alumnado con necesidades educativas especiales, serán los incluidos en las correspondientes adaptaciones del currículo, sin que este hecho pueda impedirles la promoción o titulación". Este artigo parece que abre a porta ás adaptacións curriculares individualizadas significativas que existen noutras etapas educativas pero ata agora, non na formación profesional. Haberá que esperar ao desenvolvemento posterior da norma.

    Máis información premendo na imaxe:

 

viernes, 4 de diciembre de 2020

Atención educativa ao alumnado vulnerable ou alumnado con conviventes vulnerables durante o presente curso como consecuencia da pandemia da COVID-19

Publicada no DOG a resolución pola que se establece o procedemento de actuación ante situacións de absentismo escolar do alumnado arriba sinalado. O procedemento resúmese nos seguintes puntos:

  1. A dirección do centro, tendo en conta o Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia, valorará en primera instancia, se as faltas de asistencia dun alumno ou alumna son xustificables. 
  2. Se a dirección do centro considera que as faltas son xustificadas proporá a adopción de medidas para adecúar a resposta educativa á situación. 
  3. Se as faltas se consideran non xustificadas procederase segundo o citado protocolo, que poderá ser devolto ao centro se a inspección educativa, xefatura territorial e comisión provincial de seguimento consideran que as faltas son xustificadas, propoñendo neste caso a adopción das medidas necesarias para a adecuación da resposta educativa a súa situación. En caso contrario o expediente remitirase ao Ministerio Fiscal para a súa valoración.

Máis información (organización da atención educativa e creación de equipos AVA) premendo na imaxe: