jueves, 1 de septiembre de 2022

Convocatoria de cursos gratuítos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados CELGA e de linguaxe administrativa

Destinatarios: persoas maiores de 16 anos que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As persoas solicitantes deberán cubrir unha única solicitude telemática por cuadrimestre con tres preferencias priorizadas de grupos no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición abranguerá do 1 ao 10 de setembro de 2022 para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro - xaneiro) e do 3 ao 13 de xaneiro de 2023 para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro - maio)

Lugares de realización dos cursos:

 

 

 

 

 Para máis información acceda a convocatoria premendo aquí

 

martes, 21 de junio de 2022

Axudas económicas para o alumnado que realiza a Formación Práctica en Centros de Traballo ou FP Dual

Destinatarios:
 
Alumnado de segundo curso dun ciclo de FP de grao básico, medio ou superior da FP inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas ou programas formativos así como calquera ciclo de FP dual que realice o módulo de FCT ou a FP dual ou ben nun centro de traballo dun concello diferente ao do centro educativo e do lugar de residencia do/a alumno/a ou ben noutra comunidade autónoma ou país e que remate a súa FCT ou FP Dual antes do 31 de decembro de 2022.
 
Período de presentación de solicitudes:
  • Primeiro prazo, para o alumnado que realizara a FCT nos períodos outubro 2021 - marzo 2022 e nos períodos xaneiro - xullo, xaneiro - marzo e abril - xuño de 2022: 31 días naturais contados a partir do 17 de xuño.
  • Segundo prazo, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2022: entre o 15 de outubro e o 15 de novembro de 2022

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Máis información premedo na imaxe:

 
 Axudas económicas para a formación práctica en empresas