martes, 15 de febrero de 2022

Convocatoria de cursos gratuítos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados CELGA

Destinatarios: persoas maiores de 16 anos que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na Secretaría Xeral de Política Lingüística unha vez que se complete correctamente o proceso de inscrición. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso. Do contrario, quedará automaticamente excluída do proceso de selección.

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (14/02/22).

Lugares de realización dos cursos:

 

 

 

 

Máis información premendo a seguinte imaxe:

 Celga - O Portal da Lingua Galega

viernes, 11 de febrero de 2022

Novo acordo sobre validación de créditos universitarios a través de títulos de Técnico superior de FP

 Os estudantes que teñan superado ciclos de grao superior e decidan continuar os seus estudos nalgunha das universidades galegas poderán solicitar a validación de determinadas materias acorde á nova táboa de recoñecementos (que se inclúe a continuación), na que se incrementan as posibles validacións que había ata o momento.