viernes, 21 de mayo de 2021

Acceso e admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2021- 2022

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes: do 20 de maio ata o 23 de xuño (ambos incluídos) para os ciclos de grao superior e do 20 de maio ao 1 de setembro (ambos incluídos) para os ciclos de grao medio. 

As solicitudes faranse na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar, ou ben telematicamente mediante a ligazón habilitada á aplicación CodexPro na páxina web da escola, á que a propia escola facilitará o acceso. Se se opta pola presentación telemática, cubrirase o impreso a través da aplicación e posteriormente entregarase na Secretaría da Escola ou ben enviarase ao correo electrónico da mesma xunto coa documentación requirida.

Máis información (documentación requirida, requisitos, probas de acceso, etc) premendo na imaxe:

 Queres estudar ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño? |  I.E.S. SATURNINO MONTOJO

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2021- 2022

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes: do 19 de maio ao 17 de xuño (ambos incluídos).

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante tamén se poderá realizar directamente na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia de solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría do devandito centro. 

Información sobre requisitos, documentación a presentar, datas das probas específicas, etc. premendo na imaxe:

 ESADg | DIRECCIÓN ESCÉNICA E DRAMATURXIA · ESCENOGRAFÍA · INTERPRETACIÓN

jueves, 20 de mayo de 2021

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2021 - 2022

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes: do 19 de maio ao 17 de xuño (ambos incluídos).

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante tamén se poderá realizar directamente na secretaría da escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría do devandito centro. 

Información sobre requisitos, documentación necesaria, datas de probas específicas, etc. premendo na imaxe:

 Escuela de Conservación y Restauración de Bienes Culturales de Galicia | en  Pontevedra

Acceso e admisión de alumnado ás ensinanzas superiores de deseño para o curso 2021- 2022

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes: do 19 de maio ao 17 de xuño (ambos incluídos).

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou Chave 365, non obstante tamén se poderá realizar directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría dos devanditos centros. 

Información sobre requisitos, documentación necesaria, datas de probas específicas, etc. premendo na imaxe:

Diseño Gráfico - Cursos Online

(imaxe obtida de dobleclic.com)

miércoles, 19 de mayo de 2021

Acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de música para o curso 2021 - 2022

Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes: do 19 de maio ao 17 de xullo (ambos incluídos).

As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro.

Información sobre requisitos, documentación necesaria, datas das probas de acceso e outros aspectos, premendo na imaxe:

Corso di Flauto traverso - scuola mondo musica milano - corsi di musica per  ragazzi, corsi e lezioni per bambini

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2021 - 2022

Prazo e lugar de presentación de solicitudes: do 15 de maio ao 2 de xullo de 2021 nos centros que se relacionan a continuación:

Os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo de solicitude de inscrición para a realización das probas.

Prema na imaxe para obter información sobre modalidades de acceso, requisitos, documentación que debe acompañar á solicitude, datas das probas e outros aspectos importantes do desenvolvemento do acceso a estas ensinanzas.
 
 Enseñanzas deportivas | Ministerio de Educación y Formación Profesional

(imaxe obtida de www.educacionyfp.gob.es)

miércoles, 5 de mayo de 2021

FIXADAS AS DATAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS CELGA

A realización das probas para a obtención dos certificados CELGA terán lugar os días 22. 23, 29 e 30 de maio e o 5, 6 e 12 de xuño de 2021 en Santiago de Compostela e Ponferrada. 

Resolución pola que se fixan as datas de cada un dos niveis CELGA premendo aquí.

Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade, a porta de acceso ao centro e mais a aula que lle corresponde a cada persoa para a realización da proba escrita poderán consultarse na web do portal da lingua galega.