viernes, 20 de febrero de 2026

Datas importantes das PAU

DATAS DE SOLICITUDE: 

 


DATAS DE REALIZACIÓN DOS EXERCICIOS:

Convocatoria ordinaria: 2, 3 e 4 de xuño de 2026

Convocatoria extraordinaria: 30 de xuño e 1 e 2 de xullo de 2026

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN PREMA NA IMAXE:

 

jueves, 12 de febrero de 2026

Convocatoria da proba para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20 anos

DESTINATARIOS:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2026. 
 
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
 
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2025/26
 
PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:
 
O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 26 de febreiro e o 11 de marzo de 2026. 
 
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican a continuación ou en calquera dos lugares ou rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado que figura dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal 
 
Os centros son os seguintes:
 
a) EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
 
DATA DE CELEBRACIÓN DA PROBA:
 
    A proba celebrarase en Santiago de Compostela os días 23 e 24 de abril de 2026 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
 
PARTES DA PROBA:
 
1. O primeiro exercicio consta de cinco exames correspondentes as materias comúns de bacharelato.

2. O segundo exercicio consta de tres exames correspondentes as materias específicas de cada modalidade
 
 
Máis información como por exemplo outra documentación a presentar ou as especificacións dos diferentes exercicios da proba, premendo na imaxe: 
 
 
 SOLICITUD TITULO BACHILLERATO / CICLOS - IES Cartuja

 

lunes, 2 de febrero de 2026

Axudas económicas para o alumnado que realiza a Formación en Empresa dentro das ensinanzas de Formación Profesional

 Destinatarios: 

Alumnado matriculado nalgún ciclo de FP de grao básico, medio ou superior da FP, cursos de especialización da FP, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas  de réxime especial ou programas formativos que realice as prácticas en empresas ou ben nun centro de traballo dun concello diferente ao do centro educativo e do lugar de residencia do/a alumno/a ou ben noutra comunidade autónoma ou país e que remate as suas prácticas entre setembro de 2025 e decembro de 2026.
 
Período de presentación de solicitudes:
  • Primeiro prazo, para o alumnado que realice a formación na empresa ata o 31 agosto de 2026: dende o 30 de xaneiro ata o 30 de xuño de 2026

Acollerase a este prazo o alumnado que realice a FCT nos períodos outubro 2025 - marzo 2026 e nos períodos xaneiro - xuño, xaneiro - marzo e abril - xuño de 2026. 

O alumnado ao que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro - decembro de 2026 e que anticipe a súa realización, non se acollería a este primeiro prazo. 

  • Segundo prazo, para o alumnado que realice o período formativo na empresa no período setembro - decembro de 2026: entre o 13 de outubro e o 13 de novembro de 2026.

Acollerase a este segundo prazo o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro - decembro de 2026. Este alumnado deberá finalizar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2026 

As solicitudes serán presentadas no centro educativo onde o alumnado realice os estudos.

Máis información premedo aquí