CICLOS DE GRAO MEDIO
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da mesma e non cumprir os requisitos académicos de acceso aos ciclos de grao medio.
ESTRUTURA DA PROBA
- Sociolingüística: exames de Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: exame de Matemáticas.
- Científico-técnica:
exames de Ciencias
da natureza e
Tecnoloxía.
DATAS E LUGARES DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 24 de febreiro ao 12 de marzo de 2025 (ambos inclusive) a través da aplicación ciclosprobas e posteriormente ou ben fisicamente na secretaría de calquera centro que imparta estudos de FP ou ben por vía electrónica (código de procedemento ED312C)
DATA DE REALIZACIÓN DA PROBA: 15 de maio de 2025
LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: dependerá do centro no que se presenta a solicitude
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba e non cumprir os requisitos de acceso aos ciclos de grao superior.
ESTRUTURA DA PROBA
- Parte común: abrangue tres probas: Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas.
- Parte específica: organízase en tres opcións (cada unha das cales da acceso a diferentes ciclos de grao superior, polo que é importante decidir a que ciclos se quere acceder para realizar unha das opcións ou outra):
- Opción A (a escoller dúas): Economía da empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.
- Opción B (a escoller dúas): Debuxo técnico, Tecnoloxía industrial e Física.
- Opción C (a escoller dúas): Ciencias da terra e ambientais, Química e Bioloxía.
DATAS E LUGARES DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 24 de febreiro ao 12 de marzo de 2025 (ambos inclusive) a través da aplicación ciclosprobas e posteriormente ou ben fisicamente na secretaría de calquera centro que imparta estudos de FP ou ben por vía electrónica (código de procedemento ED312C)
DATA DE REALIZACIÓN DA PROBA: 24 de abril de 2025
INFORMACIÓN XERAL:
Materiais das probas de acceso:
Na web www.edu.xunta.es/fp no apartado de probas podedes atopar materiais didácticos así como exames de convocatorias anteriores que vos poden axudar a preparación do exame.