1. Destinatarios:
a) Axudas directas
para os alumnos, incluindo ao
alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención con
hiperactividade), que requiran por un periodo da súa escolarización ou
ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas
específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta
ou
de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a
necesidades educativas especiais.
Tamén poderá ser beneficiario de axudas
directas o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista) non
incluido no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións
educativas específicas.
b) Subsidios por necesidades educativas
especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta ou
trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades
educativas especiais para familias numerosas.
Tamén poderán ser beneficiarios de subsidios os alumnos con TEA (Trastorno do espectro autista), pertencentes a
familias numerosas, non incluidos en el parágrafo anterior.
c) Axudas para programas específicos
complementarios á educación reglada para alumnado con necesidade
específica de apoio educativo asociado a altas capacidades
intelectuais.
Poderán solicitar as axudas os alumnos e alumnas que non
superen unha determinada renta e/ou patrimonio familiar e que se
atopen cursando en centro específico, en unidade de educación
especial de centro ordinario ou nun centro ordinario que escolarice
alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos
niveis educativos non universitarios.
Asimesmo, poderán solicitar as axudas os
alumnos con Trastorno do Espectro Autista e os alumnos con necesidad
específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
Para obter o subsidio requerirase ser membro de familia numerosa.
2. Requisitos:
- Ter cumpridos dous anos de idade a 31 de decembro de 2020.
- Estar escolarizado nun centro educativo na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes.
- Acreditar
a necesidade específica de apoio educativo mediante certificado de
discapacidade, se é o caso, certificado do departamento de orientación
do centro educativo, certificado médico nalgúns casos... Enlace aos requisitos específicos segundo a causa da necesidade.
- Requisitos de carácter económico para tódolos solicitantes (Consultar aquí)
3. Cuantía da axuda:
Compoñentes:
Axuda de ensinanza: ata 862 euros
Axuda ou subsidio de transporte interurbano: ata 617 euros
Axuda ou subsidio de comedor escolar: ata 574 euros
Axuda de residencia escolar: ata 1795 euros
Axuda para transporte de fin de semana: ata 442 euros
Axuda para transporte urbán: ata 308 euros
Axuda para material escolar: ata 204 euros
Axuda para reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913 euros
Non se concederán as axudas cando os gastos estén cubertos por servizos
ou fondos públicos ou por axudas concedidas aos centros para financiar o
correspondente servizo
4. Prazo e lugar de presentación da solicitude:
O prazo para presentar a solicitude abrangue ata o 20 de setembro de 2023, inclusive.
As solicitudes realizaranse de xeito telemático (enlace abaixo). Unha
vez cumprimentada a solicitude, se o solicitante dispón de calquera dos
sistemas de firma aceptados pola sede electrónica, poderase completar o
proceso de presentación da solicitude acompañando a documentación que
sea requirida pola aplicación en formato pdf.
No caso de que o solicitante non dispoña de sistema de firma aceptado
pola sede electrónica, unha vez completada a solicitude telemática,
deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa
súa firma e a dos demáis membros computables da unidade familiar no
centro educativo no que realice os estudos no curso 2023 - 2024.
Máis información
neste enlace
Acceso ao extracto da convocatoria publicado no BOE premendo na imaxe:
