Etiquetas
- ABAU 2021
- ABAU 2022
- ABAU 2023
- ABAU 2024
- ABAU 2025
- Acreditación de competencias
- Bolsas e axudas ao estudo
- CIFP SOMESO
- Covid - 19
- Discapacidade auditiva e lingua de signos
- Emprendemento
- Estudos de FP
- Estudos universitarios
- Ofertas de emprego da familia profesional de Edificación e Obra Civil
- Ofertas de emprego da familia profesional de Fabricación Mecánica
- Ofertas de emprego da familia profesional de Imaxe Persoal
- Ofertas de emprego da familia profesional de Madeira
- Ofertas de emprego da familia profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos
- Outros estudos
- Outros temas
- Protocolos
- Sistema educativo
- Técnicas de estudo
- Test intereses vocacionais
miércoles, 24 de febrero de 2021
CONVOCADA A PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS
viernes, 19 de febrero de 2021
CONVOCADAS AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE CARNÉS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS
PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
1. Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de febreiro ao día 8 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
2. Para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de xuño ao día 5 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.
ESPECIALIDADES CONVOCADAS:
1. Especialidades obxecto de exame na primeira convocatoria:
Carnés profesionais:
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B.
Habilitacións profesionais:
– Operador/a industrial de caldeiras.
2. Especialidades obxecto de exame na segunda convocatoria:
Carnés profesionais:
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A e B.
Habilitacións profesionais:
– Operador/a industrial de caldeiras.
– Instalador/a de gas, categoría A, B e C.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I e II.
– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados
A sede de realización dos exames para cada especialidade e outra información relevante publicarase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/fp/carnes-profesionais
Acceda á convocatoria premendo na imaxe:
jueves, 18 de febrero de 2021
CONVOCADAS AS PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE 18 ANOS
DESTINATARIOS:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2020/21 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2020/21 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente solicita baixa nas devanditas ensinanzas nos termos establecidos na convocatoria (acceso á mesma premendo na imaxe).
PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:
–Convocatoria de maio: 8 de marzo ao 18 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
–Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 da convocatoria ou por calquera dos medios legais establecidos, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal3.
DATAS DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 21 de maio e 10 de setembro de 2021 para as respectivas convocatorias.
PARTES DA PROBA:
Proba do ámbito científico-tecnolóxico: materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
Proba do ámbito social: materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.
Proba do ámbito da comunicación: materias de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, Lingua estranxeira (inglés ou francés).
miércoles, 10 de febrero de 2021
CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL
CICLOS DE GRAO MEDIO
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da mesma.
ESTRUTURA DA PROBA
- Sociolingüística: exames de Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: exame de Matemáticas.
- Científico-técnica:
exames de Ciencias
da natureza e
Tecnoloxía.
Datas presentación de solicitudes: 15-26 de marzo de 2021
Data de realización da proba: 27 de maio de 2021
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
ESTRUTURA DA PROBA
- Parte común: abrangue tres probas: Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas.
- Parte específica: organízase en tres opcións (cada unha das cales da acceso a diferentes ciclos de grao superior, polo que é importante decidir a que ciclos se quere acceder para realizar unha das opcións ou outra):
- Opción A (a escoller dúas): Economía da empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía.
- Opción B (a escoller dúas): Debuxo técnico, Tecnoloxía industrial e Física.
- Opción C (a escoller dúas): Ciencias da terra e ambientais, Química e Bioloxía.
Datas presentación de solicitudes: 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2021
Data de realización da proba: 15 de abril de 2021
INFORMACIÓN XERAL:
Materiais das probas de acceso:
Na web www.edu.xunta.es/fp no apartado de probas podedes atopar materiais didácticos así como exames de convocatorias anteriores que vos poden axudar a preparación do exame.
Lugar de presentación de solicitude
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do). Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal)
As solicitudes poderanse tamén presentar impresas logo de cumplimentalas na devandita aplicación informática en calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con oferta de Formación Profesional.
Prema na imaxe para acceder á convocatoria:
jueves, 4 de febrero de 2021
CONVOCATORIA DE CURSOS PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1, 2, 3 E 4
QUE TIPO DE CURSOS SE CONVOCAN?
cursos CELGA presenciais (CELGAS 3 e 4)
cursos CELGA en liña (CELGAS 1, 2, 3 e 4)
Os lugares e datas dos cursos figuran no anexo II da resolución (premendo na imaxe ao final da entrada)
QUEN OS PODE SOLICITAR?
- Persoas maiores de dezaseis anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.
- No caso dos cursos en liña, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:
CANDO E COMO SE SOLICITAN?
Só se poderá presentar unha única solicitude e solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas.
O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (D.O.G.A. 03/02/2021).
Cursos presenciais: cubrir o formulario de solicitude, que se publica como anexo I da resolución, e dirixilo á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Cursos en liña: cubrir o mesmo formulario de solicitude e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística. As solicitudes dos cursos en liña presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Máis información premendo na imaxe: