lunes, 19 de enero de 2026

Convocadas as probas para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos

  DESTINATARIOS:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos ou cumprilos no ano 2026. 

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin de outro título considerado equivalente. 

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2025/26 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2025/26 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente solicita baixa nas devanditas ensinanzas nos termos establecidos na convocatoria (acceso á mesma premendo  na imaxe).

 

PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:

 –Convocatoria de marzo:  do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2026, ambos os dous incluídos.

 –Convocatoria de xuño: do 7 ao 17 de abril de 2026, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación. 

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no artículo 9.4 da convocatoria (acceso premendo na imaxe) ou por calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/ (código de procedemento ED540A)

 

DATAS DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 27 de marzo de 2026 no caso da convocatoria de marzo e 5 de xuño de 2026 para a convocatoria de xuño.

 

PARTES DA PROBA:

Proba do ámbito científico-tecnolóxico: materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxías da comunicación e da información.

Proba do ámbito social: materias de Xeografía e Historia e Educación en Valores Civicos e Éticos

Proba do ámbito da comunicación: materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua estranxeira (inglés ou francés).

 

Máis información (aspirantes con NEAE, exencións...) premendo na imaxe: