martes, 23 de septiembre de 2025

Convocados os premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2023 - 2024

PERSOAS BENEFICIARIAS:  

Alumnado que cursase estudos de formación profesional de grao superior no curso 2023/24 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematase en 2024 cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

IMPORTE DO PREMIO: 

Vinte e tres (23) premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 23.000 €, que non poderán exceder os 1.000 € por premio.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOGA 22/09/25).

FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:   

As solicitudes de participación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na aplicación informática <<PremiosEdu>>(https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 Máis información premendo na imaxe:

 

 CSIF | Premios extraordinarios de FP de CyL. Curso 2020-21. Modificación de  la Orden. BOCYL 20/09/2022.

lunes, 1 de septiembre de 2025

Axudas económicas para o alumnado que realiza a Formación Práctica en Centros de Traballo ou FP Dual

Destinatarios: 

Alumnado matriculado nalgún ciclo de FP de grao básico, medio ou superior da FP, cursos de especialización da FP, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas  de réxime especial ou programas formativos que realice as prácticas en empresas ou ben nun centro de traballo dun concello diferente ao do centro educativo e do lugar de residencia do/a alumno/a ou ben noutra comunidade autónoma ou país e que remate as suas prácticas entre setembro de 2024 e decembro de 2025.
 
Período de presentación de solicitudes:
  • Primeiro prazo, para o alumnado que realizara as prácticas entre outubro do 2024 e agosto de 2025: ata o 10 de setembro de 2025
  • Segundo prazo, para o alumnado que lle corresponda realizar as prácticas entre setembro e decembro do 2025: entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2025

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado.

Máis información premedo aquí