PERSOAS DESTINATARIAS:
Maiores de 16 anos ou que os fagan no presente ano 2022
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO:
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude que se publica como anexo I da orde de convocatoria (acceso premendo na imaxe), e aboar a taxa correspondente.O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://entrada-sede.xunta.gal/ As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (09/009/2022). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal aínda que opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Xustificante de pagamento da taxa
b) Copia do certificado de discapacidade expedido por unha Administración distinta da da Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.
As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaria Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas de persoas admitidas.
Prema na imaxe para máis información:
