1. Prazo e lugar de presentación da solicitude:
O prazo para presentar a solicitude abrangue ata o 30 de setembro de 2020, inclusive.
As solicitudes realizaranse de xeito telemático (enlace abaixo). Unha vez cumprimentada a solicitude, se o solicitante dispón de calquera dos sistemas de firma aceptados pola sede electrónica, poderase completar o proceso de presentación da solicitude acompañando a documentación que sea requirida pola aplicación en formato pdf.
No caso de que o solicitante non dispoña de sistema de firma aceptado pola sede electrónica, unha vez completada a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa súa firma e a dos demáis membros computables da unidade familiar no centro educativo no que realice os estudos no curso 2020 - 2021.
2. Destinatarios:
Alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastorno grave de conduta ou trastorno do espectro autista ou asociada a alta capacidade intelectual que curse estudos nos niveis de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio e de Grado Superior e Formación Profesional Básica, Programas de formación para a transición á vida adulta e outros programas formativos de formación profesional.
3. Requisitos:
- Ter cumpridos dous anos de idade a 31 de decembro de 2019.
- Estar escolarizado nun centro educativo na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes.
- Estar cursando algunha das ensinanzas do punto 2.
- Acreditar a necesidade específica de apoio educativo mediante:
- Certificado de discapacidade de, polo menos, o 33%. Os solicitantes que obtiveran axuda ou subsidio no curso 2019 - 2020 quedan dispensados da presentación deste certificado.
- Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base do instituto de Maiores e Servizos Sociais u órgano correspondente da comunidade autónoma ou certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependentes da administración educativa correspondente, no caso dos alumnos con trastorno grave de conduta.
- No caso de alumnos de altas capacidades, deberán reunir os seguintes requisitos para percibir as axudas ou subsidios:
- Presentar a necesidade de apoio educativo asociada a alta capacidade intelectual acreditada mediante certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa competente.
- Ter cumpridos seis anos de idade a 31 de decembro de 2020.
- Estar cursando Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio ou Superior ou Ensinanzas Artísticas Profesionais.
4. Cuantía da axuda:
Compoñentes:
Axuda de ensinanza: ata 862 euros
Axuda ou subsidio de transporte escolar: ata 617 euros
Axuda ou subsidio de comedor escolar: ata 574 euros
Axuda de residencia escolar: ata 1795 euros
Axuda para transporte de fin de semana: ata 442 euros
Axuda para transporte urbán: ata 308 euros
Axuda para material escolar: ata 105 euros para Educación Primaria, ESO e FP básica, para o resto dos niveis ata 204 euros. (Non se concede para Educación Infantil)
Axuda para reeducación pedagóxica: ata 913 euros
Axuda para reeducación da linguaxe: ata 913 euros
Non se concederán as axudas cando os gastos estén cubertos por servizos ou fondos públicos ou por axudas concedidas aos centros para financiar o correspondente servizo.
Máis información sobre as cuantías no enlace anterior, sobre os requisitos de carácter económico.
Máis información
neste enlace
Acceso ao extracto da convocatoria publicado no BOE premendo na imaxe:
