DESTINATARIOS:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos ou cumprilos no ano 2024.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin de outro título considerado equivalente.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2023/24 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2023/24 na educación secundaria para persoas
adultas poderá inscribirse nas probas se previamente solicita baixa nas
devanditas ensinanzas nos termos establecidos na convocatoria (acceso á
mesma premendo na imaxe).
PRAZOS E FORMAS DE MATRÍCULA:
–Convocatoria de abril: 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
–Convocatoria de xuño: 8 ao 19 de abril, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no artículo 8 da convocatoria (acceso premendo na imaxe) ou por calquera dos medios legais establecidos, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/
DATAS DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 12 de abril e 7 de maio de 2024 para as respectivas convocatorias.
PARTES DA PROBA:
Proba do ámbito científico-tecnolóxico: materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, Tecnoloxías da comunicación e da información así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
Proba do ámbito social: materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora e empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.
Proba do ámbito da comunicación: materias de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, Lingua estranxeira (inglés ou francés).
